martes, 11 de agosto de 2015

MORTE

Regar sobre a horta extenuada; alleo aos cheiros que han de vir.
A regadeira é testemuña da terra brava; non cesa de salpicar o po da secura insaciábel.
O froito trata de resistir e eu insisto; a horta como espazo de resistencia.
Mentres, o monte arde.

Andar de brincadeiras coas señoriñas; non pensar no árido agosto que aniquila o plantado.

O ar enzóufase da cinza da infertilidade; impotencia polo patrimonio que se vai.
A miña parlanchina regadeira soña con apagar; máxico sería poder voar e aliviar.
Mentres, eu ardo.

Non nacimos pra estar cercadas pola morte.
Non naceron pra morrer.

*Ángel Amaro

"A luz do negro. O volframio da Brea e o poboado do Fontao" (2014)

"Desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega comezouse a traballar nunha liña de exploración das mulleres e o traballo. Encarna Otero, canda as dúas técnicas do CCG Bea Pérez Mosquera e Teresa Navarro Quinteiro, desprazáronse a Vila de Cruces para rastrexar a vida das mulleres que traballaran na mina ou en tarefas “paralelas” vinculadas á minaría fóra do complexo industrial. Atopáronse con iso, e con moito máis: un relato do mundo dos anos 40 nun espazo nunhas condicións moi especiais. Un territorio no que non se pasaba a fame doutras áreas de Galicia, pero sobre o que existía un forte control e represión, con frecuentes incursións da guerrilla que procuraba contactar cos presos republicanos destinados á mina".


Pra visualiza o documental entrar eiquí